27 de febrero de 2008

PONTEVIÑO EN VINOGALLEGO.COM


Os amables amigos de vinogallego.com poñen unha nova sobre Ponteviño 08 na súa páxina web. Podedes miralo neste enlace. Agradecémoslles a súa axuda na difusión en internet de estas xornadas.

Un saúdo.

26 de febrero de 2008

PONTEVIÑO ABERTO (12 DE MAIO)



Máis actividades de Ponteviño: Entre os obxectivos que nos propuxemos levar a cabo con este Ponteviño, están os de sensibilizar á sociedade nos valores positivos da hostalaría e achegala á cultura turística mediante conferencias abertas sobre enoturismo (presentación do día 21) e sobre todo, con catas didácticas tanto de viño como doutros productos.
Nestes cursos aportamos coñecementos de calidade da man do Campeón Galego de Sumilleres David Barco a colectivos que sabemos faranse eco da importancia da hostalaría comprometida, e que velarán polos nosos recursos turísticos dentro e fora de Pontevedra.
Dous son os curso que dará David Barco no Club Financiero de Vigo: Un para empresarios que non sexan do sector da hostalaría, e outro para estudiantes interesados en traballar nos restaurantes e hoteis da provincia.
GRUPO EMPRESARIOS: DÍAS 12, 13, 14 e 15 de Maio en horario de 5.00 a 8.00 da tarde
GRUPO ALUMNOS HOSTALARÍA: DÍAS 19, 20, 21 e 22 de Maio en horario de 5.00 a 8.00.
Isabel Sánchez Atan, formadora da Federación de Emprasarios de Hostalaría, impartirá un terceiro curso aberto para as mulleres máis participativas nos movementos veciñais, no Hotel America.
GRUPO MULLERES: DÍAS 12, 13, 14 e 15 de Maio en horario tamén de 5.00 a 8.00.

PONTEVIÑO CATAS PARA PROFESIONAIS (22 DE ABRIL)



Este son os TRES cursos de catas programados para profesionais dos que vos falabamos no anterior post. Tanto Agasu como Cristina Alcalá xa teñen pechados algúns dos relatores e agárdannos sorpresas moi recomendables. Iremos colgando información.
Días de impartición:
CATA 1: 22 e 29 de Abril, 6, 8, 13, 15, 20 y 26 de Maio, no Centro Social Caixanova aula nº 4.
CATA 2 INICIACIÓN: 22, 23, 28 e 30 de Abril, 12, 14, 19 e 21 de Maio, no Ciudad de Vigo salón La Guía.
CATA 3: 22, 24 e 29 de Abril, 6, 8, 13, 15, 20, 22 e 26 de Maio, no Hesperia salón nº 2.
Todos os cursos durarán 3 horas cada día de 5 a 8 da tarde.

DÍA 22 DE ABRIL: AS CATAS PARA PROFESIONAIS


Foto de emurray

O día 22 de Abril comezaremos TRES cursos de cata de viños para traballadores e empresarios de hostalaría da Provincia de Pontevedra.

A Asociación de Sumilleres de Galicia coordinará dous dos cursos: Un de nivel alto e outro de iniciación. E Cristina Álcala de Vinosobroso coordinará o terceiro (tamén de nivel alto) coa participación destacada de mulleres nos relatorios.

Os interesados podedes empezar a reservar plaza chamando ó teléfono 986432400. Por agora poñemos a vosa disposición cinco plazas en cada un dos cursos.

CANDO EMPEZAMOS? O DÍA 21 DE ABRIL



O día 21 de Abril pola tarde, imos dar o pistoletazo de saída a Ponteviño 08 no hotel NH de Vigo ás 17.00 da tarde. Desde hoxe podes apuntarte para asistir a esta presentación oficial e á conferencia posterior na que daremos a coñecer as iniciativas sobre o enoturismo nas zonas do Riberio da man do Pazo Casanova, Ribeira Sacra coa participación do Consello Regulador e o Consorcio de Turismo.

Itoconsultores, consultura especializada en proxectos turísticos tamén nos mostrará o que se está a facer noutras zonas de España.

Pero as actividades dese día non se esgotan aí, logo da charla sobre turismo do viño poderase escoller entre algunha das catas seguintes.

Cata de Aguardentes para a que contamos coa colaboración do Consello Regulador de Aguardentes.
Cata de Cavas coa colaboración do grupo Codorniu.
Ou a de Viños doces, impartida por Isabel Sánchez e coa participación de Vitivinícola do Ribeiro que nos contará os segredos do seu Tostado.

Para participar só tedes que chamar ó teléfono 986432400.

GRACIAS POLAS VISITAS


Pinchar na imaxe para ampliar

Teño que agradecervos as visitas a este blog nos últimos días, interesándovos sobre qué é Ponteviño. Axudounos especialmente na publicidade o viticologo dos bagos que xa vos adiantou que este é un proxecto conxunto de dúas asociacións, que veñen sendo familia dende hai moito tempo por compartir asociados e intereses, e que se axuntan desta vez para levar adiante estas xornadas de formación abertas: a Federación de Empresarios de Hostelería de Pontevedra FEPROHOS, e a Asociación Galega de Sumilleres AGASU.

Preséntovos os saúdos dos presidentes das dúas asociacións que apoian estas xornadas formativas: José Magaz presidente de FEPROHOS e propietario do "Restaurante Soriano" e Xoán Cannas presidente de AGASU e propietario de "Pepe Vieira - Camiño da serpe".

6 de febrero de 2008

PONTEVIÑO 08 (PRIMEIRAS XORNADAS FORMATIVAS SOBRE O VIÑO)

Ola a todos. A finais de Abril darán comezo as primeiras xornadas formativas sobre o viño para a provincia de Pontevedra. Haberá TRES cursos de cata de viños PARA PROFESIONAIS da hostalaría, tamén cursos abertos PARA TODOS OS PÚBLICOS, demostracións de elaboracións de pratos, cócteles e postres con viño, charlas e moitas cousas máis. Xa temos un nome: PONTEVIÑO. Proximamente iremosvos informando máis polo miúdo do contido de todas estas actividades.

Deixamosvos mentras tanto cun video curioso sobre presentación e servicio de viños sacado do mundo do internet.