28 de febrero de 2008
PONTEVIÑO COCIÑA (5 DE MAIO)
Quedábanos por presentar Ponteviño Cociña: mediante este bloque formativo achegaremos o viño á cociña galega. Estes cursos son para profesionais do sector. Os tres empezarán o 5 de maio en horario de tarde de 5.00 a 8.00 (aprox.)
CURSO DE COCIÑA CON VIÑO: 5, 6, 7, 8, 12, 13, 14, 15, 19 e 20 de maio no Maruja Limón con Rafa Centeno.
CURSO DE REPOSTERÍA CON VIÑO: Os mesmos días co anterior. 5, 6, 7, 8, 12, 13, 14, 15, 19 e 20 de maio no Club Financiero de Vigo da man do seu reposteiro Carlos Fariña.
CURSO DE COCTELERÍA CON VIÑO: 5, 6, 7, 8, 12, 13, 14 e 15 de Maio con Diego Mosquera, vicepresidente da Asociación Galega de Barmans no complexo hosteleiro Etnias.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario