Mostrando entradas con la etiqueta sumilleres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sumilleres. Mostrar todas las entradas

9 de marzo de 2008

CURSO DE INICIACIÓN Á CATA DE VIÑOS DÍA 22 DE ABRIL



Na programación para profesionais destas xornadas os formadores do Curso de iniciación á Cata de Viños (Cata de Viños 2) coordinado pola Asociación Galega de Sumilleres será impartido polos seguintes profesionais: Xoan Cannas (arriba na foto e sumiller do Pepe Vieira-Camiño da Serpe), Carlos Gonzalez Portela (sumiller Botón de Ancla - El Canario) Antonio Portela (Vinus&Brindis), e David Barco (sumiller Club Financiero de Vigo).

O calendario deste curso é: 22, 23, 28 e 29 de abril, 12, 14, 19 e 21 de maio. Horario de 5.00 a 8.00 da tarde. Lugar de impartición: Hotel Ciudad de Vigo.

Os obxectivos son:

Aprender as técnicas básicas da cata de viños.
Coñecer os sentidos implicados na degustación dos viños.
Comprender a importancia da vide e das distintas variedades de uva na cata de viños.
Coñecer a elaboración dos principais tipos de viños.
Coñecer as principales zonas vitivinicolas.
Traducir os conceptos fundamentais das etiquetas do viño.
Saber as características fundamentais do servizo e conservación do viño.
Valorar a importancia do viño na historia da humanidade e os seus efectos positivos na saude.

Contidos:

1. TIPOS DE VIÑOS E A SUA ELABORACIÓN ( 2 Sesións)
Viños brancos
Viños tintos e rosados
Viños xenerosos
Viños doces
Viños Escumosos
2. A VIDE. O BAGO DE UVA. ( 1 Sesión )
Arquitectura da viña / Terroir / Biodinámica / Cambio Climático
Variedades
3. ANALISE SENSORIAL ( 2 Sesións )
Fases da cata de viños
Expresión e descrición dun viño / Vocabulario / Fichas de cata
4. SERVIZO DO VIÑO ( 1 Sesión )
Decantación / Copas / Conservación / Temperaturas / Harmonías
5. XEOGRAFIA VITIVINÍCOLA ( 1 Sesión )
6. VISITA PRÁCTICA A UNHA ADEGA (1 Sesión) Proximamente avisaremosvos de que adega imos visitar.

Temos bastante adiantadas as reservas para este curso. Se queres apuntarte chama ao 986432400.

28 de febrero de 2008

CURSO DE CATA 3 COORDINADO POR CRISTINA ALCALÁ (22 DE ABRIL)



Dentro da programación para profesionais temos un curso de cata de viños coordinado por Cristina Alcalá (arriba na foto) de Vinosobroso.

Como xa anunciamos máis abaixo, esta acción formativa terá o seguinte calendario:

CATA 3: 22, 24 e 29 de Abril, 6, 8, 13, 15, 20, 22 e 26 de Maio. Horario de 5.00 a 8.00 da tarde no Hotel Hesperia de Vigo.

Adiantamos algúns dos relatorios:

1) Clase práctica de viticultura e catas comentadas con Cristina Carrera, enóloga de Adegas Galegas e membro do Panel de Cata da D.O. Rías Baixas.
2) Clase con Cristina Mantilla, enóloga tamén, que colabora con distintas adegas na elaboración dalgúns dos grandes viños Rías Baixas.
3) Relatorio e Catas comentadas con Rosa Rivas, periodista gastronómica do periodico "El País".
4) Visita guiada a unha adega da zona das Neves (darémola a coñecer o luns).

Manterémosvos informados de como queda a programación definita nos próximos días.

DAVID BARCO EN PONTEVIÑO ABERTO (12 DE MAIO)



David Barco, sumiller do restaurante do Club Financiero de Vigo, e campeón galego de sumilleres nos anos 2004, 2005 e 2007, da a benvida a tódolos participantes de Ponteviño. Dentro do programa de actividades, este recoñecido sumiller impartirá dous cursos de cata de viños no bloque formativo "Ponteviño aberto", e participará como formador no Cata de Viños 2 de Iniciación.

Lembrámolos:

GRUPO EMPRESARIOS: DÍAS 12, 13, 14 e 15 de Maio en horario de 5.00 a 8.00 da tarde
GRUPO ALUMNOS HOSTALARÍA: DÍAS 19, 20, 21 e 22 de Maio en horario de 5.00 a 8.00.

No curso para empresarios só poderán inscribirse os que non formen parte do sector da hostalaría (para os hostaleiros existen os cursos específicos do ponteviño catas - día 22).

O temario distribuirase do seguinte modo:

"1º Sesión: Introducción al vino espumoso, elaboración, variedades de uva, aromas, la cata. Denominaciones de Origen, la cultura del vino espumoso, maridajes. Práctica de aromas y desarrollo olfativo. Cata comparativa de variedades de vinos espumosos y sus elaboraciones especiales (Brut, Brut Nature, Rosé, Blanc de Blancs, Blanc de Noirs).

2º Sesión: Introducción al vino blanco, elaboración, variedades de uva, aromas, la cata. Denominaciones de Origen, la cultura del vino blanco, maridajes. Práctica de aromas y desarrollo olfativo. Cata comparativa de variedades de vino blancos y sus elaboraciones especiales (fermentación en barrica, crianza en madera, maceraciones carbónicas).

3ºSesión: Introducción al vino tinto, elaboración, variedades de uva, el terroir, aromas, la cata. Denominaciones de Origen, la cultura del vino tinto, maridajes. Práctica de aromas y desarrollo olfativo. Cata comparativa de variedades de vinos tintos y sus elaboraciones especiales(fermentaciones separadas, crianza en madera, filtración, variedades de madera).

4ºSesión: El Vino Dulce, variedades de uvas, métodos de vinificación, maridajes. Práctica de Aroma y desarrollo olfativo. Cata organoléptica de dulces."