28 de febrero de 2008

CURSO DE CATA 3 COORDINADO POR CRISTINA ALCALÁ (22 DE ABRIL)



Dentro da programación para profesionais temos un curso de cata de viños coordinado por Cristina Alcalá (arriba na foto) de Vinosobroso.

Como xa anunciamos máis abaixo, esta acción formativa terá o seguinte calendario:

CATA 3: 22, 24 e 29 de Abril, 6, 8, 13, 15, 20, 22 e 26 de Maio. Horario de 5.00 a 8.00 da tarde no Hotel Hesperia de Vigo.

Adiantamos algúns dos relatorios:

1) Clase práctica de viticultura e catas comentadas con Cristina Carrera, enóloga de Adegas Galegas e membro do Panel de Cata da D.O. Rías Baixas.
2) Clase con Cristina Mantilla, enóloga tamén, que colabora con distintas adegas na elaboración dalgúns dos grandes viños Rías Baixas.
3) Relatorio e Catas comentadas con Rosa Rivas, periodista gastronómica do periodico "El País".
4) Visita guiada a unha adega da zona das Neves (darémola a coñecer o luns).

Manterémosvos informados de como queda a programación definita nos próximos días.

No hay comentarios: