Mostrando entradas con la etiqueta colaboradores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta colaboradores. Mostrar todas las entradas

6 de abril de 2008

AULA COSTEIRA PRESENTARASE EN PONTEVIÑO COAS SÚAS CATAS ON LINE


Vinoribeiro.com é a páxina web de Vitivinícola do Ribeiro (Viña Costeira), que ofrece un aula para facer catas on line cos enólogos da adega.

Estas catas son unha idea xenial e divertida, que amosan un camiño polo que se andará moito no futuro.

Por eso agradecémoslles a xente de Viña Costeira e especialmente a Argimiro Levoso que pensasen en nós para dar a coñecer esta novedosa forma de traballar en internet.

5 de abril de 2008

OBRA SOCIAL CAIXANOVA COLABORA CON PONTEVIÑO




Caixanova a través da súa obra social tivo a ven colaborar cos organizadores de Ponteviño cedendo un aula para o curso de Cata de Viños 1, no seu emblemático edificio na rúa Policarpo Sanz en Vigo.

Agradecémoslles o esforzo para acomodarse ó calendario previsto por nós para este curso.

3 de marzo de 2008

VISITA A BODEGAS COTO REDONDO



Dentro do curso de cata de viños 3 coordinado por Cristina Alcalá, anunciabamos nun post anterior a visita a unha adega das Neves e prometiamos confirmar hoxe o seu nome, preferindo primeiro entrevistarnos co xerente da mesma Antonio Méndez.

Este empresario abriounos as portas de Bodegas Coto Redondo, e amosounos unhas instalacións modernas onde atopamos as grandes cubas de acero inox compartindo o protagonismo con barricas de carballo, nun espacio creado hai catro anos co esforzo dunha cooperativa de 105 socios detrás.

Agradecémoslle a esta empresa (Señorío de Rubiós, Val de Xuliana, Piñeiral...) a súa colaboración neste proxecto, prestando o seu esforzo para desprazar aos alumnos nun minibus desde Vigo a As Neves, onde poderan comprobar o traballo diario nunha adega da man dos traballadores que trafegan nela, e facer logo unha cata comentada dos seus viños.



Pode visitarse a páxina web de Coto Redondo pinchando aquí.