Mostrando entradas con la etiqueta ponteviño catas 22 de abril. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ponteviño catas 22 de abril. Mostrar todas las entradas

9 de abril de 2008

PECHADA A PROGRAMACIÓN DO CATA DE VIÑOS 2 (22 DE ABRIL)



No curso de Cata de Viños de Iniciación pechamos a programación do modo que segue:

22 de Abril: Curso impartido por Antonio Portela
23 de Abril: Curso impartido por Antonio Portela
28 de Abril: Curso impartido por David Barco (na foto)
30 de Abril: Curso impartido por David Barco
12 de Maio: Visita adega Forjas del Salnés
14 de Maio: Curso impartido por Carlos González Portela
19 de Maio: Curso impartido por Xoan Cannas
21 de Maio: Curso impartido por Carlos González Portela

Reparto de contido entre os ponentes:

DÍA 22 de Abril: Antonio Portela

Terroir / bago de uva / arquitectura da viña / viticultores.

Análise sensorial: fases da cata de viños.

Vocabulario, expresión e descripción dun viño

Práctica aromática

Cata de viños brancos

DÍA 23 de Abril: Antonio Portela

Viños Brancos:

Elaboración, variedades brancas / xeografia vitivinícola dos viños brancos

Práctica gustativa

Cata de viños brancos


Día 28 de Abril: David Barco

Viños Escumosos:

Elaboración, tipos de escumosos (gr/l de azucre, blanc de blancs, blanc de noirs), variedades de uva, xeografia vitivinícola.

Práctica de aromas.

Cata de viños escumosos

Día 30 de Abril: David Barco

Viños Rosados. O Servizo do viño

Elaboración, variedades e xeografia dos viños rosados.

Sommelier: o servizo do viño, temperaturas, copas, decantación, lonxevidade e conservación, acordos e harmonias viño – comida.

Práctica de armonias.

Cata de viños rosados

Día 12 de Maio: Visita á adega Forxas do Salnés

Día 14 de Maio: Carlos Gonzalez

Viños Tintos. Red Wine. Negres (1)

Elaboración, variedades, xeografia vitivinícola.

Cata de viños tintos

Día 19 de Maio: Carlos Gonzalez

Viños Tintos.Red Wine. Negres (2)

A crianza do viño, tipos de crianza, barricas.Práctica de aromas

Cata de viños tintos con crianza:

Día 21 de Maio: Xoan Cannas

Cultura e Historia do viño.

Tódalas clases serán de 17.00 a 20.00 horas no hotel Ciudad de Vigo na rúa Concepción Areal 5.

PECHADA A PROGRAMACIÓN DO CATA DE VIÑOS 1 (22 DE ABRIL)



Pechamos definitivamente o curso nivel alto coordinado con AGASU cunha espléndida programación de relatores:

Lembramos que este curso impartirase tódolos días de 17.00 a 20.00 no Centro Social Caixanova en Policarpo Sanz 24. Aula número 4 de Novas Tecnoloxías.

22 de Abril (martes) : Xoan Cannas - Viños alemáns
29 de Abril (martes) : César Ruiz - Viños franceses
6 de Maio (martes) : Luis Congil - Cultura do Viño
8 de Maio (xoves) : José Luis Hernáez Mañas - Aguardentes
13 de Maio (martes) : Visita Adega Forjas del Salnés - Lista Parker
15 de Maio (xoves) : Xosé Luis Mateos - Xeografía do viño
20 de Maio (martes) : Jordi de Euroselección - Copas Riedel
26 de Maio (luns) : Jesus Solanas (na foto) - Cervexas e maridaxe

Para inscribirse podes chamar ó teléfono 986432400

6 de abril de 2008

PECHADA A PROGRAMACIÓN DO CATA DE VIÑOS 3 (22 DE ABRIL)

Xa adiantáramos algo da programación deste curso nun post anterior. Agora pechámola definitivamente poñendo datas ás actividades e contidos.

Recordamos que o curso vai ser no hotel Hesperia de Vigo de 17.00 a 20.00 horas.



22 de Abril: Cata de Viños Galegos
24 de Abril: Cata de Viños nacionais
29 de Abril: Visita á adega Coto Redondo D.O. Rías Baixas
6 de Maio: Charla enolóxica con Cristina Mantilla
8 de Maio: Cata de viños internacionais
13 de Maio: Charla sobre Aguardentes. Cata comentada por Ana Fernández do Consello Regulador de Aguardentes.
15 de Maio: Charla sobre Viticultura con Cristina Carrera e visita a Adegas Galegas.
20 de Maio: Servicio en restauración.
22 de Maio: Charla con Rosa Rivas sobre tendencias no servicio da restauración.
26 de Maio: Fin de Curso cunha cata lúdica.

9 de marzo de 2008

CURSO DE INICIACIÓN Á CATA DE VIÑOS DÍA 22 DE ABRIL



Na programación para profesionais destas xornadas os formadores do Curso de iniciación á Cata de Viños (Cata de Viños 2) coordinado pola Asociación Galega de Sumilleres será impartido polos seguintes profesionais: Xoan Cannas (arriba na foto e sumiller do Pepe Vieira-Camiño da Serpe), Carlos Gonzalez Portela (sumiller Botón de Ancla - El Canario) Antonio Portela (Vinus&Brindis), e David Barco (sumiller Club Financiero de Vigo).

O calendario deste curso é: 22, 23, 28 e 29 de abril, 12, 14, 19 e 21 de maio. Horario de 5.00 a 8.00 da tarde. Lugar de impartición: Hotel Ciudad de Vigo.

Os obxectivos son:

Aprender as técnicas básicas da cata de viños.
Coñecer os sentidos implicados na degustación dos viños.
Comprender a importancia da vide e das distintas variedades de uva na cata de viños.
Coñecer a elaboración dos principais tipos de viños.
Coñecer as principales zonas vitivinicolas.
Traducir os conceptos fundamentais das etiquetas do viño.
Saber as características fundamentais do servizo e conservación do viño.
Valorar a importancia do viño na historia da humanidade e os seus efectos positivos na saude.

Contidos:

1. TIPOS DE VIÑOS E A SUA ELABORACIÓN ( 2 Sesións)
Viños brancos
Viños tintos e rosados
Viños xenerosos
Viños doces
Viños Escumosos
2. A VIDE. O BAGO DE UVA. ( 1 Sesión )
Arquitectura da viña / Terroir / Biodinámica / Cambio Climático
Variedades
3. ANALISE SENSORIAL ( 2 Sesións )
Fases da cata de viños
Expresión e descrición dun viño / Vocabulario / Fichas de cata
4. SERVIZO DO VIÑO ( 1 Sesión )
Decantación / Copas / Conservación / Temperaturas / Harmonías
5. XEOGRAFIA VITIVINÍCOLA ( 1 Sesión )
6. VISITA PRÁCTICA A UNHA ADEGA (1 Sesión) Proximamente avisaremosvos de que adega imos visitar.

Temos bastante adiantadas as reservas para este curso. Se queres apuntarte chama ao 986432400.

3 de marzo de 2008

VISITA A BODEGAS COTO REDONDO



Dentro do curso de cata de viños 3 coordinado por Cristina Alcalá, anunciabamos nun post anterior a visita a unha adega das Neves e prometiamos confirmar hoxe o seu nome, preferindo primeiro entrevistarnos co xerente da mesma Antonio Méndez.

Este empresario abriounos as portas de Bodegas Coto Redondo, e amosounos unhas instalacións modernas onde atopamos as grandes cubas de acero inox compartindo o protagonismo con barricas de carballo, nun espacio creado hai catro anos co esforzo dunha cooperativa de 105 socios detrás.

Agradecémoslle a esta empresa (Señorío de Rubiós, Val de Xuliana, Piñeiral...) a súa colaboración neste proxecto, prestando o seu esforzo para desprazar aos alumnos nun minibus desde Vigo a As Neves, onde poderan comprobar o traballo diario nunha adega da man dos traballadores que trafegan nela, e facer logo unha cata comentada dos seus viños.



Pode visitarse a páxina web de Coto Redondo pinchando aquí.

28 de febrero de 2008

CURSO DE CATA 3 COORDINADO POR CRISTINA ALCALÁ (22 DE ABRIL)



Dentro da programación para profesionais temos un curso de cata de viños coordinado por Cristina Alcalá (arriba na foto) de Vinosobroso.

Como xa anunciamos máis abaixo, esta acción formativa terá o seguinte calendario:

CATA 3: 22, 24 e 29 de Abril, 6, 8, 13, 15, 20, 22 e 26 de Maio. Horario de 5.00 a 8.00 da tarde no Hotel Hesperia de Vigo.

Adiantamos algúns dos relatorios:

1) Clase práctica de viticultura e catas comentadas con Cristina Carrera, enóloga de Adegas Galegas e membro do Panel de Cata da D.O. Rías Baixas.
2) Clase con Cristina Mantilla, enóloga tamén, que colabora con distintas adegas na elaboración dalgúns dos grandes viños Rías Baixas.
3) Relatorio e Catas comentadas con Rosa Rivas, periodista gastronómica do periodico "El País".
4) Visita guiada a unha adega da zona das Neves (darémola a coñecer o luns).

Manterémosvos informados de como queda a programación definita nos próximos días.

26 de febrero de 2008

PONTEVIÑO CATAS PARA PROFESIONAIS (22 DE ABRIL)



Este son os TRES cursos de catas programados para profesionais dos que vos falabamos no anterior post. Tanto Agasu como Cristina Alcalá xa teñen pechados algúns dos relatores e agárdannos sorpresas moi recomendables. Iremos colgando información.
Días de impartición:
CATA 1: 22 e 29 de Abril, 6, 8, 13, 15, 20 y 26 de Maio, no Centro Social Caixanova aula nº 4.
CATA 2 INICIACIÓN: 22, 23, 28 e 30 de Abril, 12, 14, 19 e 21 de Maio, no Ciudad de Vigo salón La Guía.
CATA 3: 22, 24 e 29 de Abril, 6, 8, 13, 15, 20, 22 e 26 de Maio, no Hesperia salón nº 2.
Todos os cursos durarán 3 horas cada día de 5 a 8 da tarde.

DÍA 22 DE ABRIL: AS CATAS PARA PROFESIONAIS


Foto de emurray

O día 22 de Abril comezaremos TRES cursos de cata de viños para traballadores e empresarios de hostalaría da Provincia de Pontevedra.

A Asociación de Sumilleres de Galicia coordinará dous dos cursos: Un de nivel alto e outro de iniciación. E Cristina Álcala de Vinosobroso coordinará o terceiro (tamén de nivel alto) coa participación destacada de mulleres nos relatorios.

Os interesados podedes empezar a reservar plaza chamando ó teléfono 986432400. Por agora poñemos a vosa disposición cinco plazas en cada un dos cursos.