9 de marzo de 2008

CURSO DE INICIACIÓN Á CATA DE VIÑOS DÍA 22 DE ABRIL



Na programación para profesionais destas xornadas os formadores do Curso de iniciación á Cata de Viños (Cata de Viños 2) coordinado pola Asociación Galega de Sumilleres será impartido polos seguintes profesionais: Xoan Cannas (arriba na foto e sumiller do Pepe Vieira-Camiño da Serpe), Carlos Gonzalez Portela (sumiller Botón de Ancla - El Canario) Antonio Portela (Vinus&Brindis), e David Barco (sumiller Club Financiero de Vigo).

O calendario deste curso é: 22, 23, 28 e 29 de abril, 12, 14, 19 e 21 de maio. Horario de 5.00 a 8.00 da tarde. Lugar de impartición: Hotel Ciudad de Vigo.

Os obxectivos son:

Aprender as técnicas básicas da cata de viños.
Coñecer os sentidos implicados na degustación dos viños.
Comprender a importancia da vide e das distintas variedades de uva na cata de viños.
Coñecer a elaboración dos principais tipos de viños.
Coñecer as principales zonas vitivinicolas.
Traducir os conceptos fundamentais das etiquetas do viño.
Saber as características fundamentais do servizo e conservación do viño.
Valorar a importancia do viño na historia da humanidade e os seus efectos positivos na saude.

Contidos:

1. TIPOS DE VIÑOS E A SUA ELABORACIÓN ( 2 Sesións)
Viños brancos
Viños tintos e rosados
Viños xenerosos
Viños doces
Viños Escumosos
2. A VIDE. O BAGO DE UVA. ( 1 Sesión )
Arquitectura da viña / Terroir / Biodinámica / Cambio Climático
Variedades
3. ANALISE SENSORIAL ( 2 Sesións )
Fases da cata de viños
Expresión e descrición dun viño / Vocabulario / Fichas de cata
4. SERVIZO DO VIÑO ( 1 Sesión )
Decantación / Copas / Conservación / Temperaturas / Harmonías
5. XEOGRAFIA VITIVINÍCOLA ( 1 Sesión )
6. VISITA PRÁCTICA A UNHA ADEGA (1 Sesión) Proximamente avisaremosvos de que adega imos visitar.

Temos bastante adiantadas as reservas para este curso. Se queres apuntarte chama ao 986432400.

3 de marzo de 2008

VISITA A BODEGAS COTO REDONDO



Dentro do curso de cata de viños 3 coordinado por Cristina Alcalá, anunciabamos nun post anterior a visita a unha adega das Neves e prometiamos confirmar hoxe o seu nome, preferindo primeiro entrevistarnos co xerente da mesma Antonio Méndez.

Este empresario abriounos as portas de Bodegas Coto Redondo, e amosounos unhas instalacións modernas onde atopamos as grandes cubas de acero inox compartindo o protagonismo con barricas de carballo, nun espacio creado hai catro anos co esforzo dunha cooperativa de 105 socios detrás.

Agradecémoslle a esta empresa (Señorío de Rubiós, Val de Xuliana, Piñeiral...) a súa colaboración neste proxecto, prestando o seu esforzo para desprazar aos alumnos nun minibus desde Vigo a As Neves, onde poderan comprobar o traballo diario nunha adega da man dos traballadores que trafegan nela, e facer logo unha cata comentada dos seus viños.



Pode visitarse a páxina web de Coto Redondo pinchando aquí.