A Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra e a Asociación Galega de Sumilleres, inauguran o vindeiro 21 de Abril ás 17:00 horas no salón de actos do Hotel NH Palacio de Vigo, as Xornadas Formativas PONTEVIÑO 08. Para continuar ao día seguinte e ata o 26 de Maio cunha serie de accións formativas nas que se incluirá o viño coma ingrediente principal.
PONTEVIÑO 08 é unha iniciativa formativa que xira en torno o mundo do viño. A súa programación divídese en:
- Actividades de formación para profesionais da Hostalaría, agrupadas en torno a dous bloques temáticos: Ponteviño Catas adicado exclusivamente a cata de viños e Ponteviño cociña.
- Actividades de formación abertas para grupos de futuros profesionais da Hostalaría, empresarios/as doutros sectores e mulleres que participen activamente nos movementos veciñais, ofrecendo neste último caso unha proposta que introduce a perspectiva de xénero nun ámbito tradicionalmente masculino.
Os principales obxetivos que se pretenden acadar son:
◙ Profesionalizar a Hostalaría con seis cursos para traballadores en activo.
◙ Promover a unidade do sector a través dun proxecto común no que participan varias asociacións e sectores diversos.
◙ Potenciar os recursos turísticos da provincia.
◙ Sensibilizar a sociedade nos valores positivos da nosa cultura turística, con cursos de cata abertos e conferencias sobre o turismo do viño.
Para poder levar a cabo este proxecto contamos con importantes profesionais de renome que compartirán cos asistentes todo o seu tempo e coñecementos, entre os que podemos destacar a Xoan Cannas, David Barco, Nacho Costoya, Rafael Centeno, Isabel Sánchez, Cristina Alcalá, Carlos Fariña, ….así coma a colaboración de importantes empresas adegueiras.
A inauguración do acto de Presentación comezará coa intervención de D. José M. Magaz Ledo, Presidente da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra, acompañado na mesa presidencial por D. Santiago Domínguez Olveira, Tenente Alcalde da Cidade de Vigo; Dna. María Montserrat Prado Cores, Delegada Provincial da Consellería de Innovación e Industria e D. Xoan Cannas, Presidente da Asociación Galega de Sunilleres.
A continuación celebrarase unha mesa redonda sobre os beneficios e desafíos do turismo do viño, e a súa promoción como un elemento positivo para toda unha comunidade na que participarán o Consorcio Turístico e Consello Regulador da Ribeira Sacra, representados pola súa secretaria María del Carmen Limia (Consorcio) e o Presidente do Consello José Manuel Rodríguez; o Consello Regulador da DO Monterrei representado polo seu técnico Miguel López; e como empresas invitadas A adega Pazo Casanova e a Consultora en iniciativas turísticas Itoconsultores.
Dando o punto final a esta presentación e continuidade aos cursos de cata de viños para profesionais que se impartirán ao día seguinte, procederase a cata de distintos productos: cavas na que colabora o Grupo Codorniu; aguardentes e licores café coa colaboración do Consello Regulador de Aguardentes, ou Viños doces, impartida por Isabel Sánchez e coa participación de Vitivinícola do Ribeiro que nos contará os segredos do seu Tostado.
Nota: Para máis información pode consultar o blog que PONTEVIÑO posee na rede:
http://pontevino.blogspot.com/
Ver a nova pinchando aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario