9 de abril de 2008

PRESENTACIÓN PONTEVIÑO: TURISMO DO VIÑO E CATAS O DÍA 21



O enoturimo está en expansión na maioria das principais rexións vitivinícolas. Na medida que vai crecendo esta actividade vaise relacionando co arte culinario, o ecoturismo e o turismo rural.

Sobre os beneficios e desafíos do turismo do viño, e a súa promoción como un elemento positivo para toda unha comunidade, falarase na MESA REDONDA proposta nesta presentación das primeiras xornadas formativas Ponteviño 08, que se celebrarán no Hotel NH de Vigo ás 17.00 horas.

Participarán O Consorcio Turístico e Consello Regulador da Ribeira Sacra, representados pola súa secretaria María del Carmen Limia (Consorcio) e o Presidente do Consello Regulador Ribeira Sacra José Manuel Rodríguez.

O presidente do Consello Regulador das Rías Baixas José Ramón Meiriño.

Como empresas invitadas estarán:

A adega Pazo Casanova

E a Consultora en inicitivas turísticas Itoconsultores.

Ao finalizar a charla os asistentes previa reserva de praza poderán escoller entre unha das catas propostas.

Cata de Cavas da man de Alberto Varela e Fernando Pérez Silva do Grupo Codorniu.


Cata de Aguardentes da man de Ana Fernández González, Xerente do Consello Regulador de Aguardentes e Licores de Galicia.


E Cata de Viños doces dirixido pola formadora Isabel Sánchez e coa participación de Viña Costeira que nos invitará a coñecer os segredos do seu Tostado da colleita do 2006, co seu enólogo Manuel Castro.



No hay comentarios: